top of page

Éxito rotundo da II Papanoelada de Arzúa pese ao frío e á choiva

Laura Moure/Arzúa

A II Papanoelada de Arzúa, organizada pola Concellería de Turismo do Concello de Arzúa e coordinada por Begoña Balado, celebrouse o pasado domingo cun importante éxito de participación, malia as baixas temperaturas e a presenza intermitente da choiva durante toda a mañá.

A xornada, pensada para gozar en familia e cun marcado ambiente de Nadal, deu comezo ás 10:00 horas coa papanoelada cicloturista. Un primeiro percorrido de 16 quilómetros no que non faltaron o bo ambiente, o deporte, a ilusión e a convivencia, con numerosos participantes caracterizados con motivos de Nadal.


A continuación tivo lugar a xincana infantil, que percorreu varias das principais rúas do casco central de Arzúa. Nesta actividade participaron moitos nenos, nenas e xente moza, sempre acompañados das súas familias, enchendo o centro da vila de diversión, risas e espírito festivo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

“Para ser a segunda edición, estamos moi satisfeitos. Contamos co apoio e co respaldo dun montón de familias e de veciños e veciñas, que nin o frío nin a choiva impediron que participasen nesta cita”, sinalou Begoña Balado.


Para poñer o broche final e entrar en calor, a organización ofreceu chocolate quente e biscoito para todas as persoas asistentes e participantes na Praza de Galicia, convertendo este peche nun momento de encontro e celebración compartida.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A xornada tivo tamén un marcado carácter humano e solidario. Aproveitando este día festivo de Nadal no Concello de Arzúa, a concelleira de Turismo, Begoña Balado, visitou a residencia de maiores San Xosé de Arzúa, onde levou un rico biscoito para compartir coas persoas usuarias e co persoal do centro. Un xesto cheo de agarimo que foi recibido con sorrisos e agradecementos. “É unha iniciativa que chegou para quedar e que repetiremos, porque demostra que Arzúa responde cando se propoñen actividades pensadas para compartir en familia e vivir o Nadal xuntos”, engadiu. 



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page