Éxito do desfile de moda do CCA de Arzúa no que participaron 13 tendas locais
- Laura Moure
- hace 8 minutos
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Arzúa
O pasado sábado 10 de maio celebrouse no Multiusos Terra do Queixo a II edición do Desfile de Moda do CCA de Arzúa cun rotundo éxito de parcitipación. Durante o acto, 13 tendas locais desta vila sacaron á pasarela diferentes conxuntos da colección primavera-verán que se amosaron a través de máis de 60 modelos de tódalas idades que desfilaron ao longo da pista.
Publicidade
A actriz, Lidia Veiga, fixo unha presentación de cada unha das tendas protagonistas durante o evento, e foi comentando aos máis de 700 asistentes os diversos looks que sacaron a modelar os comercios parcipantes, que foron: Arroupadiños, Bouque Anduriña, Calzados Iglesias, Carola Moda, Chorima Perfumería, Estrenas Zapatería, Lage Moda, MD Lencería e Fogar, Mi Tata, Mía María, Miss Zapatos, Moda Ana, Moda Sari e Novavisión Óptica.
A pasarela contou con 3 pases diferenciados onde as prendas adecuábanse a cada fase do día; o de mañá, outro de tarde e por úlmo o de noite. Entre eles, contouse con varios sorteos, gracias a empresas e entidades colaboradoras que quixeron aportar disntos produtos e servizos a esta actividade, para premiar ao público asistente.

Tiveron a sorte de contar coa presenza de Gabriel Alén, Director Xeral de Comercio de Galicia; Xoán Xesús Carril, alcalde do Concello de Arzúa; Diego José Valiño, Presidente da AECA e con Begoña Balado, Concelleira de Comercio. Tamén asisron membros do Pardo Popular do Concello e directivos da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa.
Un ano máis foi todo un éxito, o público participou activamente sen deixar de animar e de aplaudir durante toda a xornada e desexando de que se organice xa unha III edición do Desfile de Moda do CCA Arzúa. Esta actividade contou coa colaboración da Xunta de Galicia, para a dinamización, a promoción e a posta en valor do comercio local arzuán.
Comments