top of page

Xornada informativa sobre o proxecto europeo EC4RURAL en Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

O Concello de Monterroso organiza o vindeiro luns 29 de abril unha xornada informativa sobre o proxecto europeo EC4RURAL. A iniciativa ten como prioridade asegurar que as comunidades rurais europeas participan e se benefician da transición cara ás enerxías limpas a través da creación de comunidades enerxéticas.

A charla terá lugar ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Monterroso e nela abordaranse aspectos como a situación enerxética da localidade, como producir enerxía colectivamente ou como ser parte da comunidade enerxética de Monterroso.


Publicidade

Máis información no enlace:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page