Laura Moure/Vila de Cruces
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no IV Trail da Carixa, que se disputará en setembro. A iniciativa estará formada por unha proba trail individual e por equipos de 20 km, trail por relevos de 9 + 11 km, trail cadete de 9 km, andaina de 9 km e Pequetrail de 0.5 a 3 km.
As carreiras Trail e andaina celebraranse o día 10 de setembro de 2023 con saída e chegada dende a praia fluvial de A Carixa, no concello de Vila de Cruces. As catro probas terán a saída as 10:00 horas; sobre un percorrido aproximado de 20 km para o Trail individual e por relevos con un desnivel positivo de 1100 m e 9 km para o Trail Cadete e andaina con un desnivel positivo de 460 m.
Contará cun total de 600 prazas que se repartirán do seguinte xeito entre as diferentes modalidades:
· Trail individual 20 K 200 prazas.
· Trail 20 K por equipos 100 prazas.
· Trail por relevos 9 + 11 K 150 prazas.
· Trail cadete 9 K 50 prazas.
· Pequetrail: 100 prazas.
A carreira Trail individual sobre un percorrido de 20 km poderase facer baixo a modalidade de relevos, en equipos de dúas persoas os cales poderán ser mixtos. A carreira Trail por equipos farase sobre un percorrido de 20 km contará con un número mínimo de 3 compoñentes, deberán ser mixtos (dous homes e unha muller ou dúas mulleres e un home), os equipos estarán formados por un máximo de 4 compoñentes, puntuando so para a clasificación os tres primeiros en chegar a meta.
O Pequetrail: celebrarase o día anterior sábado 9 a partir das 11:00; terá recorridos diferentes para cada unha das categorías:
Esquíos (de 2 a 6 anos) con un percorrido de 200 m,
Corzos (de 7 a 1anos) con un percorrido de 500 m
Xabaríns (de 10 a 14 anos) con un percorrido de 3000 m.
Para a celebración de esta proba precisarase un mínimo de 5 inscritos en cada categoría. Os participantes poderanse anotar o mesmo día da proba no local de reparto de dorsáis.
Premios
· Haberá premios para todos os participantes.
Trail Cadete 9 K: sairá as 10:00 horas. So poderán participar as persoas debidamente inscritas con idades de 15,16 e 17 anos, é dicir que non cumpra os 18 anos o ano de referencia.
· Haberá premio para os tres primeiros participantes masculino e feminino.
Trail 9 + 11 K por relevos, e 20 k por equipos: sairá as 10:00; So poderán participar as persoas debidamente inscritas con 18 anos de idade ou mais. Os equipos estarán compostos por dúas persoas, nunha única categoría absoluta, podendo ser estes masculino, feminino ou mixto. O primeiro relevista fará o percorrido do primeiro tramo 9 k e o segundo de 11 k no segundo tramo. Haberá premio para os tres primeiros clasificados da categoría masculina, feminina e mixta.
CATEGORÍAS: os participantes estarán divididos nas categorías e sub categorías seguintes:
Categorías Masculina e Feminina : Cadete, Júnior e Absoluta.
Categoría Cadete: 15,16, e 17 anos, é dicir que non cumpra os 18 anos o ano de referencia.
Categoría Júnior: 18,19, e 20 anos, é dicir que non cumpra os 21 anos o ano de referencia.
Categoría Absoluta: a partir dos 21 anos cumpridos o ano de referencia
- Sub categorías Masculino e Feminina: Promesa e Veterana A e B
Sub categoría Veterana A:
o Masculina e feminina de 40 a 49 anos, é dicir que non cumpra os 50 anos o ano de referencia.
Sub categoría Veterana B:
o Masculina e feminina de 50 a 59 é dicir que non cumpra os 60 anos o ano de referencia.
Sub categoría Veterana C:
o Masculina e feminina a partir dos 60 anos cumpridos no ano de referencia.
A idade a ter en consideración para toda a tempada, no referente a categoría e sub categorías, será a que o participante teña o día 31 de Decembro do ano da competición.
INSCRICIÓNS: Serán a través da páxina ccnorte.com estarán abertas dende o día 3 de xullo ata o 6 de setembro.
O custo das diferentes probas será o seguinte:
1º Trail individual 20 k................. 20 €
2º Trail 20 k por equipos..............20 € (por compoñente).
3º Trail por relevos 9 + 11 k........ 30 €
4º Andaina.................................. 15 €
5º Trail cadete 9 k......................... 0 €
6º Pequetrail ................................ 0 €
Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos, duchas, xantar e cantos obsequios ou regalos consiga a organización. Unha vez abonada a inscrición non se devolverá o importe da mesma nin haberá posibilidade de anulación.
Publicidade
11. A recollida de dorsais para ambas probas poderá realizarase o mesmo día na zona de saída e meta entre as 8:00 e as 9:30 horas. Para a retirada de dorsais será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte, podendo retirarse por unha persoa distinta ó destinatario, facéndose esta responsable, eximindo de toda responsabilidade á organización.
12. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O percorrido estará sinalizado con cintas de plástico co logotipo da proba, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos.
13. O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó control máis próximo e facer entrega do dorsal.
14. AVITUALLAMENTOS: A proba contaría con un total de 4 avituallamentos os cales quedarían distribuídos da seguinte mineira:
1. Mirador da Catarata do Toxa km 5 (líquido).
2. Praia fluvial da Carixa 9 (líquido e sólido).
3. Fontao km 14 (sólido e líquido).
4. Praia fluvial da Carixa 20 (líquido e sólido).
A fin de ser meticulosos no respecto co medio ambiente e baixo a premisa de reducir a o máximo os residuos que se poidan xerar, nos avituallamentos non se dispensarán vasos a os participantes.
15. TEMPOS DE CORTE: Co fin de cumprir cos horarios establecidos pola organización para o evento fixarase un tempo de corte en dous dos puntos do recorrido para a proba de Trail individual e por relevos:
· Fontao km 14 12:45 horas.
· Mosteiro de Carboeiro km 11 12:00 horas .
16. PREMIOS:
· TRAIL Individual 20 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral nas categorías masculina e feminina; ademais a os tres primeiros de cada categoría, atendendo as categorías propias da carreira (punto 9).
· TRAIL por relevos 9 + 11 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral masculina, feminina e mixta.
· TRAIL por equipos 20 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros equipos clasificados segundo a suma total dos postos acadados por os tres primeiros compoñentes.
· TRAIL Cadete 9 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación nas categorías masculina e feminina.
· ANDAINA:
Será de carácter non competitiva, e non haberá premios.
Comments