Vázquez visita unha casa de Arzúa que recibíu unha axuda da Xunta para mellorar a súa imaxe exterior
- Laura Moure

- hace 7 horas
- 3 Min. de lectura
O prazo de solicitude abrirase a partir do 16 de xaneiro e os interesados poderán optar a achegas de ata 3.000 € para intervir sobre fachadas, cubertas e muros
Laura Moure/Arzúa
Xunta de Galicia convocará no mes de xaneiro, por un importe de 2 millóns de euros, a orde de axudas dirixida a propietarios particulares para executar actuacións que contribúan a mellorar a imaxe exterior das súas vivendas e outros bens así como a retirada de elementos adxacentes aos inmobles cando estes prexudiquen a súa imaxe ou poidan causar algún tipo de impacto visual. Durante unha visita a Boente, Arzúa, onde se achegou ata unha vivenda que acondicionou a súa fachada grazas a dúas axudas concedidas en 2023 e en 2024, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, animou hoxe á cidadanía a seguir apostando polo fermosismo e beneficiarse do apoio económico que ofrece desde hai cinco anos o seu departamento a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET) para impulsar a corrección de impactos paisaxísticos en inmobles particulares.
En concreto, destacou que o próximo ano se duplicará o orzamento asignado a esta liña de incentivos, que pasa de 1 millón a 2 millóns de euros e co que se agarda poder chegar a máis de 700 beneficiarios. O incremento, indicou a conselleira, responde ao éxito destas axudas entre a cidadanía galega e reforza a aposta do seu departamento por apoiar a execución dun tipo de intervencións e reformas que teñen un impacto visual moi positivo sobre a contorna.

A nova convocatoria das axudas de fermosismo para particulares sairá no Diario Oficial de Galicia a comezos do mes que vén e o prazo para poder presentar as solicitudes está previsto que se abra a partir do 16 de xaneiro, uns días despois da publicación da convocatoria co obxectivo de favorecer así que os potenciais beneficiarios poidan preparar toda a documentación requirida.
A conselleira lembrou que os particulares poderán recibir un máximo de 3.000 euros para actuar sobre fachadas (que foi o tipo de actuación máis solicitada en anos anteriores), cubertas e muros de peche pero tamén se financiará a retirada de elementos adxacentes aos bens nos que se interveña cando prexudiquen a súa imaxe ou causen algún tipo de impacto, posibilidade introducida desde a convocatoria de 2024.
Ao igual que en anos anteriores, a Xunta cubrirá ata o 70% do orzamento subvencionable polo que se prevé que, en total, esta nova convocatoria permita mobilizar arredor de 3,5 millóns de euros en investimentos tendo en conta as contías que achegarán tamén os propietarios para completar as actuacións.
Publicidade
Así mesmo, haberá novidades na orde de axudas de 2026. En concreto, Ángeles Vázquez explicou que, por primeira vez, poderán acollerse a estes incentivos os usufrutuarios dos bens e vivendas sobre os que se vaia actuar, e non só os seus propietarios.
De igual xeito, o prazo de presentación das solicitudes abrirase a partir das 12 do mediodía en lugar de a medianoite, unha medida coa que se busca facilitar a tramitación ao igual que con outros detalles introducidos nas bases da nova convocatoria en aras de lograr unha maior simplificación administrativa nas solicitudes.
Publicidade
Seis anos de ‘fermosismo’
Cómpre lembrar que este será o sexto ano consecutivo que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convoque este tipo de axudas. No marco das cinco convocatorias efectuadas no período 2021-2025, concedéronse preto de 7 millóns de euros que permitiron executar un total de 2.518 actuacións en inmobles localizados en 279 municipios galegos (é dicir, case o 90% dos de toda Galicia).
O investimento total mobilizado nestes cinco anos estímase que supera os 12 millóns de euros, tendo en conta tanto as achegas directas da Xunta como os fondos aportados polos cidadáns para completar o custo das obras. Por iso, a conselleira considerou que Galicia avanza na aposta polo fermosismo, promovendo a mellora de fachadas, cubertas e muros de peche para reducir o impacto que causan ás veces sobre a contorna.








Comentarios