Volve o programa de excursións 'Coñece o teu país' co que Arzúa ofrece catro saídas neste verán
- Laura Moure

- hace 7 horas
- 2 min de lectura
Laura Moure/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza unha nova edición do programa de excursións Coñece o teu país. A iniciativa regresa con catro novas visitas a diferentes lugares da xeografía galega ao longo dos meses estivais, de xuño a setembro, de maneira totalmente gratuíta.

A primeira delas será o vindeiro sábado día 27 de xuño á provincia de Pontevedra. A viaxe será a Tui na que se realizará unha visita guiada á zona histórica da cidade e se gozará de tempo libre despois de xantar na localidade veciña de Valença, xa en Portugal.
A segunda excursión correspondente á provincia de Lugo que se celebra en xullo, será o día 25. Nesta ocasión o destino elexido será o municipio de Monforte de Lemos. As dúas restantes serán o sábado 22 de agosto a San Andrés de Teixido e, xa para rematar por este ano, realizarase unha saída á Pobra de Trives o sábado 19 de setembro.
PUBLICIDADE
Segundo se indica dende o Departamento de Cultura, todas as persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse presencialmente na Oficina de Cultura e Deportes, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante. As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición, sendo as mesmas limitadas.
PUBLICIDADE
Todas aquelas persoas que desexen apuntarse á primeira viaxe organizada para o vindeiro 27 de xuño a Tui, poden facelo completamente de balde a partir do venres 19 de xuño, entre as 8:30 e as 14:00 horas na Oficina de Cultura e Deportes situada no edificio sociocultural María Mariño, na rúa Padre Pardo nº 33, 1º andar (ao carón de Radio Arzúa).








Comentarios