top of page

Volta o 'Goza da Ulla' a Arzúa, Touro, Agolada, Silleda, Cruces, Santiso, Antas, Monterroso e Palas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Os 20 concellos bañados polo Ulla recuperan, tras dous anos sin celebrarse a causa da Covid19, este programa que ofrece 19 rutas pola beira deste río desde xuño ata outubro


Laura Moure/Xeral

Os 20 concellos bañados polo Ulla recuperan, tras dous anos sin celebrarse a causa da Covid1 9, o programa Goza do Ulla 2022, que ofrece 19 rutas pola beira do Ulla desde xuño ata outubro. Entre os participantes das comarcas figuran Arzúa, Touro, Agolada, Silleda, Vila de Cruces, Santiso, Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. Alcaldes, concelleiros e técnicos dos municipios participantes presentaron hoxe en Turexpo Galicia 2022, na Semana Verde de Silleda, a iniciativa turística de referencia que promociona de xeito conxunto o sendeirismo pola natureza .

O Goza do Ulla 2022 ofrece un total de 19 rutas de sendeirismo para desfrutar do río Ulla desde o presente mes de xuño e ata finais de outubro. Cada ruta está programada nun Concello bañado polo río que discorre polas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. As camiñatas póñense en marcha o próximo 11 de xuño en Dodro e rematarán o 29 de outubro en Santiso.


Creación dunha asociación

Os 20 concellos traballan na creación dunha asociación de Concellos do río Ulla, unha iniciativa que podería concretarse nos próximos meses e que “serve de exemplo de colaboración intermunicipal”. “Temos xa as bases para converternos nun destino fluvial de referencia”, apuntou o rexedor de Vedra, quen incluso aportou a modo de exemplo o nome de Ribeira do Ulla. Na súa opinión, este territorio, máis alá dun programa de rutas de sendeirismo, ten moito que ofrecer. E destacou a pesca, a historia, o patrimonio natural, a música ou a gastronomía. “Témolo todo”, dixo Martínez Carrillo, quen incluso marcou un prazo de tempo de “oito ou dez anos” para que os 20 concellos do Ulla “sexan un referente”. Toda a información pode atoparse nas redes sociais de Goza do Ulla e nas webs dos 20 concellos participantes.


Programa Goza do Ulla O programa Goza do Ulla naceu no ano 2011 coa participación de cinco concellos (Touro, Boqueixón, Vedra, Santiso e Arzúa). Once anos despois toman parte 20 municipios de tres provincias: Lugo Pontevedra e A Coruña. Son os concellos da Estrada, Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón, Palas de Rei, Pontecesures, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vedra, Vila de Cruces e Vilagarcía.

A programación para o 2022 será a seguinte: Dodro (Brañas de Laíño, de 14 km, o 11 de xuño); Vila de Cruces (Ponte Basebe-Illa Remesquide, de 13 km, o 26 de xuño); Palas de Rei (Ruta das Torrentes, 6 km, o 16 de xullo); Boqueixón-Vedra (Unindo roteiros… ao pé do Ulla, de 10 km, 24 de xullo); Agolada (Canle de Ramil-A contorna do Ulla, de 10 km, o 13 de agosto); Monterroso (Do vello ao novo Montorreso e O muíño do alemán, de 27 km, o 25 de agosto), A Estrada (Os sons do Ulla, de 12 km, o 27 de agosto); Pontecesures (Ollando o Ullán, de 15 km, o 28 de agosto), Antas de Ulla (Ulloando polo nacemento, 12 km, o 4 de setembro); Vilagarcía de Arousa (Da illa Cortegada ao miradoiro da Cruz de Ferro en Xiabre, de 14 kilómetros, o 11 de setembro); Arzúa (Ruta da fervenza das Hortas, de 19,5 kilómetros, o 24 de setembro); Teo (Ribeira teense do Ulla, de 9 km, o 25 de setembro); Touro (Variante circular PRG 121 ‘Polos camiños naturais do Lañas, Ulla, Basebe e Novefontes, de 16,4 km, o 1 de outubro); Catoira (As pedras miúdas. Á ribeira do Ulla, de 12 km, 2 de outubro); Rianxo (As tres cruces, 11 km, o 8 de outubro); Valga (Vistas do Ulla e afluentes, de 12 km, o 9 de outubro); Padrón (Polas ribeiras do Ulla, de 12 km, o 15 de outubro); Silleda (Illa de Gres-praia fluvial de Cira, de 10 km, o 22 de outubro); e Santiso (Circular de Beigondo, de 7 km, o 29 de outubro).


Estes días na Semana Verde de Silleda pode visitarse un stand do Goza do Ulla.

 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page