Videochamadas cos Reis Magos dende Antas de Ulla
- Laura Moure

- 30 dic 2021
- 1 min de lectura
Os interesados teñen de prazo para anotarse ata o 31 de decembro
Laura Moure/Antas de Ulla
Este mércores o Concello de Antas de Ulla informou que se suspendía a Cabalgata de Reis Magos e a festa infantil do día 5 debido ao aumento xeneralizado de casos de Covid en toda Galicia. Pero ao mesmo tempo, adiantaba que os nenos e nenas deste municipio poderían facer as súas peticións. Sabedes como?

"Queremos que este ano todos os nenos e nenas de Antas de Ulla poidan falar cos Reis Magos para contarlles o ben que se portaron e pedirlles o que queren que lles traian. Xa vos contamos que tivemos que cancelar a súa visita por prudencia e responsibilidade pero ides poder velos igual!!! Tan só tedes que chamar ás súas axudantes, as elfos María e Natalia, e reservar unha videochamada con eles", conta o Concello.
Os interesados teñen de prazo para solicitar falar con eles ata o día 31. Deben chamar aos teléfonos 630 366 704 (Elfo María) ou 676 822 554 (Elfo Natalia).
NOTICIA RELACIONADA:






Comentarios