top of page

O Concello de Antas de Ulla suspende a Cabalgata de Reis e a festa infantil prevista para o día 5

O equipo de goberno avanza que xa traballa para que os nenos do municipio poidan facer as súas peticións aos Magos de Oriente


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A situación sanitaria que vivimos a nivel xeral leva ao Concello de Antas de Ulla a tomar a decisión de cancelar a visita dos Reis Magos e a festa infantil prevista para o día 5 de xaneiro. Os distintos equipos de goberno están cancelando as diversas actividades de Nadal debido ao aumento de casos en todos os municipios.

"Consideramos que o máis prudente e responsable é non seguir adiante con este tipo de celebracións ata que a situación mellore. A pesar disto queremos manter a ilusión destas datas, polo que estamos xa traballando para que todos os nenos e nenas do noso Concello poidan facer as súas peticións aos Magos de Oriente e que o día 6 poidan ter os seus agasallos.Avisaremos coas novidades", avanza o Concello.


Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page