Veciños da Ulloa lamentan que levan case unha semana sen fibra
- ecosdacomarca

- 10 jul 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/A Ulloa
Veciños de Monterroso contactaron con este medio para facer público que levan case unha semana sen fibra. Todo, tal e como apuntan eles, foi a consecuencia do incendio que afectou a unha nave de colchóns o pasado venres, 4 de xullo, na parroquia palense de Marzá.

Publicidade
Cabe mencionar que durante o incendio caera un poste de tendido eléctrico que afectou ao suministro de electricidade. Pero dende esas, veciños indican que están sen fibra.
Publicidade
"Eu son de R, pero sei que tamén están afectados os usuarios doutras compañías como Orange, Más móbil... E ninguén informan de data de previsión de arranxo, nin aportan solucións", lamenta un monterrosino que puntualiza que a incidencia afecta á fibra nos fogares, pero non á cobertura móbil.








Comentarios