top of page

Vanesa Pereiro Couso asume a presidencia da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa

hace 6 horas
2 min de lectura

Unha candidatura ‘in extremis’, formada a maioría por mulleres, ponse ao fronte do colectivo


Laura Moure/Arzúa

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) inicia unha nova etapa marcada por un cambio histórico no seu liderado e cargada de ilusión e compromiso co futuro. A Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada onte á noite no Multiusos Terra do Queixo resolveu o baleiro de poder que ameazaba con paralizar a entidade. Tras expirar o prazo oficial sen ningunha candidatura rexistrada para coller o relevo do presidente saínte, Diego José Valiño, a orde do día contemplaba a suspensión da actividade. Porén, a valentía e o compromiso de varias asociadas, que deron un paso adiante na propia sala para presentar unha listaxe voluntaria, logrou o apoio unánime do colectivo e transformou un momento crítico nun proxecto totalmente renovado.

Vanesa Pereiro Couso, de Estrenas Zapatería, é a nova presidenta da AECA.
Vanesa Pereiro Couso, de Estrenas Zapatería, é a nova presidenta da AECA.

Por primeira vez en máis de 35 anos de historia, AECA estará presidida por unha muller: Vanesa Pereiro Couso. O sector do comercio de proximidade —un dos motores estratéxicos da vila— asume o protagonismo nun equipo cunha clara maioría feminina. A

xunta entrante recibe a xestión coas contas do colectivo saneadas e con débeda cero, un

escenario óptimo para afrontar con garantías as vindeiras campañas de dinamización comercial de outono e Nadal, así como os grandes retos estruturais do empresariado arzuán.


A nova dirección de AECA queda conformada polas seguintes persoas:

• Presidencia: Vanesa Pereiro Couso (Estrenas Zapatería)

• Vicepresidencia: Ana García Pardo (Arzugráfica)

• Secretaría: Carmen González Seoane (Chorima Perfumería)

• Tesourería: Ana María Rodríguez Ramos (Miss Zapatos)

• Vogalía: Lucía Carreira Pazos (Librería Anagrama)

• Vogalía: Rubén Montero Alcobre (Fogar de Lecer Turismo Rural)

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Alén das accións comerciais inmediatas, a nova xunta directiva asume a xestión cunha folla de ruta clara, ambiciosa e de forte carácter reivindicativo. Entre os seus obxectivos

estratéxicos destaca a promoción integral de Arzúa e das súas empresas como referentes

de calidade dentro e fóra da comarca. Para logralo, o equipo considera fundamental pór en valor e visibilizar o intenso traballo que se está a realizar desde a xerencia do Centro

Comercial Aberto (CCA) de Arzúa, unha actividade que consideran clave para a supervivencia, modernización e dinamización de todo o tecido comercial.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nesta nova etapa, AECA tamén buscará unha maior implicación institucional. A directiva solicitará formalmente ao Concello de Arzúa a concesión dun local asociativo propio que sirva como punto de encontro, formación e asesoramento para o empresariado, ao tempo

que reclamará un incremento nas axudas e subvencións públicas para impulsar novos proxectos económicos na vila.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Con este impulso, a asociación fai un chamamento a veciños e visitantes sobre a importancia de consumir no comercio local, lembrando que apoiar a quen levanta a persiana cada día é a mellor estratexia para manter viva a economía e o emprego en Arzúa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page