top of page

Unto Vello presenta o seu álbum Inmaterial en Arzúa o 25 de abril

Será de entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza un concerto do grupo Unto Vello que presentará este sábado na Casa da Cultura o seu último traballo titulado Inmaterial, un dos actos máis destacados da programación Primavera de cultura. A actuación musical será este sábado, 25 de abril, ás 20:30 horas con entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade. A apertura de portas ao público farase ás 20:00 horas.

O álbum de Unto Vello, xa dispoñible en plataformas dixitais, recompila cantares tradicionais recollidos por todo o país nun intenso labor de investigación e reinterpretación do patrimonio inmaterial galego. É a estrea discográfica do dúo formado por Bieito Pereira e Xabi Gómez, que conta coa produción de Hevi e a colaboración dos Pandeireteiros do Fiadeiro, Saínza Piñeiro, Lina e Lola e Julia e Luz Divina.


Un proxecto que nace das recollidas de música tradicional galega que fan os seus integrantes. O resultado é un espectáculo dedicado ao baile que tece comunidade en cada actuación.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

No seu ano de traxectoria, o dúo recibiu nomeamentos a premios como os Youtubeiras 2025 e os Martín Códax na categoría de música tradicional e ofreceu máis de 25 concertos en lugares como a Sala Capitol onde agotou todas as entradas.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O concelleiro de Cultura, José Luís García, convida ao público “a asistir a este importante concerto que visibiliza o legado patrimonial e cultural da nosa terra, así como a gran proxección deste dúo do que Arzúa se sinte especialmente orgrullosa por contar con Bieito Pereira, que desde Brandeso leva anos realizando un destacado labor a favor do coñecemento e promoción da tradición oral e musical galega”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page