Unhas 60 persoas participaron no roteiro de Patrimonea e Guido Guía en Touro
- Laura Moure

- 23 ene 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Touro
61 persoas chegadas dende toda Galicia disfrutaron do roteiro que organizou Patrimonea e Guido Guía en Touro baixo o lema #RedescubrindoTouro. O río Ulla no seu máximo esplendor, o bosque de ribeira e o núcleo tradicional de Basebe foron os grandes atractivos dun itinerario de 11 quilómetros cheo de historia e datos sobre o patrimonio.

Como remate final os participantes visitaron o Pazo De Andeade do siglo XVIII. Darío Rey de Patrimonea asegura que "é un orgullo sacar adiante iniciativas con base no rural" e quere agradecerlle a Guido Guía "a súa sensibilidade por propostas que salen do circuíto clásico de lugares turísticos. Esta é unha boa mostra de que en Galicia temos moito que amosar, tan só é necesario crer no noso", subliña Rey.
Patrimonea e Guido Guía adiantan que reforzarán a colaboración logo da boa acollida e nas vindeiras semanas anunciarán unha nova proposta para desfrutar do sendeirismo e do patrimonio no concello tourense.







Comentarios