top of page

Unha vivenda ardeu por completo e outras dúas resultaron afectadas tras un incendio

Ecos da Comarca/Xeral

O aviso chegou ao 112 Galicia ao fío das 23:10 horas do venres, cando un particular informou de que ardía unha casa e non podía precisar inicialmente se había persoas afectadas. Poucos minutos despois, o alertador confirmou que non había feridos, aínda que advertiu da proximidade doutras vivendas e do risco de propagación do lume.

Incendio hoxe. Fonte: Bombeiros de Maceda
Incendio hoxe. Fonte: Bombeiros de Maceda

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un amplo operativo no que participaron os Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas, os GES de Maceda e do Pereiro de Aguiar, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Xunqueira de Espadanedo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Os servizos de extinción lograron controlar e sufocar o incendio, que calcinou por completo a vivenda na que se orixinou. Ademais, dúas casas lindeiras sufriron danos: unha delas, en estado de ruína, viuse afectada na parede medianeira, mentres que na outra resultaron danadas dúas habitacións, cun derrubamento parcial do teito.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Os equipos permaneceron no lugar durante varias horas realizando tarefas de arrefriamento. Ningunha persoa resultou ferida neste incendio que afectou a tres vivendas no lugar da Touza, en Xunqueira de Espadanedo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page