top of page

Unha vintena de vehículos víronse implicados nun accidente que deixou catro persoas feridas

Ecos da Comarca/Xeral

Unha vintena de vehículos víronse implicados nun accidente que deixou catro persoas feridas.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Ocorreu pasadas as nove desta mañá na AP-9, ao paso por Oroso, en sentido Santiago.

O 112 Galicia atendeu 9 chamadas relacionadas con este accidente, moitas delas dos propios implicados na colisión, que deixou 4 persoas feridas e 23 vehículos afectados.

Debeuse a unha colisión en cadea nos carrís da autopista en sentido a Santiago, xusto ao paso polo punto quilométrico 52, en Oroso.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Para a atención dos feridos, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes e dos axentes da Garda Civil de Tráfico, que asumiron todas as tarefas relacionadas coa seguridade e recollida de información sobre o accidente.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page