Unha terapia xénica evita que Hugo, un neno de Arzúa de 9 anos, quede cego
- Laura Moure

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Arzúa
O Hospital Sant Joan de Déu Barcelona informou a través das súas redes sociais da terapia xénica que recibiu Hugo, un neno galego de 9 anos, para evitar que quedase cego. Hugo é un cativo de Arzúa.

Tal e como informa o propio centro hospitalario, Hugo tiña unha distrofia hereditaria da retina e perdera progresivamente a visión ata conservar só un 5% de capacidade visual.
PUBLICIDADE
No Hospital Sant Joan de Déu Barcelona recibiu unha terapia xenética que freou a evolución da enfermidade e permitiulle gañar autonomía e mellorar a súa calidade de vida. "Casos como o seu mostran o impacto real dos avances en enfermidades raras e as novas terapias que están a transformar o futuro de moitos nenos e familias", recalca o hospital.
PUBLICIDADE
E adianta que o 4 de xuño, estes e outros avances compartiranse na 3ª edición de Únicas Talks, en Santiago de Compostela, un foro impulsado por Sant Joan de Déu e a Fundació ”a Caixa” para abordar os retos e innovacións en enfermidades minoritarias.








Comentarios