Unha saída de vía deixou dúas persoas feridas en Vedra
- ecosdacomarca

- 22 mar
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Unha saída de vía deixou dúas persoas feridas en Vedra. Ocorreu minutos antes das 18:30 horas, de onte, sábado, cando un particular alertou ao 112 Galicia dunha saída de vía na DP-8203 ao seu paso pola parroquia de San Xián de Sales (Vedra).

Publicidade
Durante a chamada, sinalábase a posibilidade de que dúas persoas estivesen atrapadas no interior do vehículo.
PUBLICIDADE
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes e da Garda Civil de Tráfico.








Comentarios