Unha persoa trasladada logo dun incendio nunha caravana
- ecosdacomarca

- 26 oct
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Unha persoa trasladada logo dun incendio nunha caravana en Bueu. O lume comezou nun galpón.

O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por este incendio pouco despois das 7:30 horas desta mañá. Segundo indicaron varios particulares, estaba a arder un galpón na praia de Tulla, en Beluso, despois de escoitarse un estoupido.
Publicidade
Os bombeiros do Morrazo acudiron ata o lugar para sufocar o lume, o cal xa estaba afectar tamén a unha caravana. A dotación desprazada explicou que tanto o galpón como a propia caravana arderan completamente, sen poder clarificar cal fora a causa do lume.
Publicidade
Ademais, foi preciso avisar ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pois unha persoa da caravana sufrira queimaduras. O ferido foi trasladado ata o hospital de referencia. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron a Policía Local e a Garda Civil.








Comentarios