Unha persoa tivo que ser trasladada logo de sufrir un incendio na súa vivenda
- ecosdacomarca

- hace 44 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O 112 Galicia rexistrou dito incendio contra as 21:10 horas da noite de onte. Polo que indicou o alertador, había fume nas escaleiras dun edificio situado na avenida do Doutor Tourón.

Rapidamente, desde o CIAE 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, á Policía Nacional e á Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Vilagarcía de Arousa.
Publicidade
Tamén foi preciso avisar ás urxencias sanitarias, pois houbo que evacuar a un home ata o hospital logo de sufrir unha inhalación de fume.
Publicidade
Por outra banda, o lume queimou parte dun sofá, onde se puido ter orixinado o incendio a partir dun calefactor. Ademais, o fume estendeuse polo edificio, polo que houbo que realizar tarefas de ventilación.








Comentarios