top of page

Unha persoa tivo que ser excarcerada logo de colidir dous vehículos e un deles incendiarse

Ecos da Comarca/Xeral

O accidente ocorreu durante esta madrugada, uns minutos antes das 5:00 horas. Neses intres, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular informando de que colidiran unha furgoneta e un coche no quilómetro 100 da N-550. Ademais, indicou que o turismo estaba comezando a arder e o outro vehículo quedara envorcado.

Foto de Arquivo.
Foto de Arquivo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia pasáronlle a información ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribadumia, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Caldas de Reis.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Os bombeiros tiveron que empregar o material de excarceración para liberar ao condutor da furgoneta, o cal foi trasladado ata o hospital polo persoal sanitario. O condutor do outro vehículo tamén precisou ser evacuado.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page