top of page

Unha persoa tivo que ser excarcerada e trasladada en helicóptero logo dunha colisión

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa tivo que ser excarcerada e trasladada en helicóptero logo dunha colisión na Merca.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente uns minutos despois das 11:00 horas. Segundo indicou un alertador, un vehículo quedara envorcado logo de sufrir unha saída de vía no quilómetro 2 da AG-31. Un ocupante estaba atrapado no interior.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Con esta información, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Terras de Celanova e da Garda Civil de Tráfico.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Foi preciso empregar o material de excarceración para liberar a vítima, a cal sería trasladada a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén foi trasladado outro ferido que puido saír do coche accidentado polo seu propio pé, aínda que neste caso foi evacuado en ambulancia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page