Unha persoa ten que ser excarcerada logo de chocar un camión e unha furgoneta en Melide
Ecos da Comarca/Melide
Este mércores rexistrouse un grave accidente de tráfico no municipio de Melide. Tratouse dunha colisión entre un tráiler e unha furgoneta e unha persoa tivo que ser excarcerada.

Os Bombeiros de Arzúa excarceraron ao condutor da furgoneta, que quedou atrapado no interior do vehículo. O aviso deste accidente chegou ao 112 Galicia ás 9:10 horas desta mañá, a través do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Igualmente, un particular contactaba co 112 Galicia a esa hora e informaba dun choque entre un camión e unha furgoneta na N-547, quilómetro 52, en O Barreiro, ao seu paso por Melide.
PUBLICIDADE
Aseguraba que había persoas feridas e posiblemente atrapadas. A partir de aí, ademais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, foron informados os Bombeiros de Arzúa, os axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e o persoal de mantemento da vía.
PUBLICIDADE
Tras rematar a súa intervención, os Bombeiros confirmaron a excarceración do condutor da furgoneta que foi trasladado nunha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Producíronse importantes retencións de tráfico duante horas porque foi necesario cortar a estrada.









Comentarios