top of page

Unha persoa sufriu queimaduras nas pernas tras rexistrarse un incendio nun coche

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa sufriu queimaduras nas pernas tras rexistrarse un incendio nun coche en Salvaterra de Miño.

Un particular alertou ao 112 Galicia desta incidencia, pouco antes das 16:30 horas, e sinalou que estaban no aparcadoiro dunha gasolineira situada no quilómetro 5 da EP-4006, en Lira. Varias persoas trataban de apagar o lume cun extintor, sen éxito.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración do GES-SPEIS de Ponteareas e da Garda Civil, que comprobaron cando chegaron ao lugar que había unha persoa ferida.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O incendio calcinou a parte do maleteiro do coche, mentres que o ferido foi evacuado a un centro hospitalario.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page