Unha persoa resultou ferida logo dun accidente con catro coches implicados e unha árbore
- ecosdacomarca

- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Unha persoa resultou ferida logo dun accidente con catro coches implicados e unha árbore en Culleredo. Foi preciso cortar o carril dereito en sentido Coruña, tal e como informa o 112 Galicia.

O accidente ocorreu uns 10 minutos antes das 21:00 horas de onte. Segundo indicou un particular, atopárase cunha árbore na estrada, no quilómetro 589 da A-6, e varios vehículos accidentados. Polo que indicaron máis alertadores, a árbore caera sobre un dos turismos.
Publicidade
De contado, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia avisouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil de Tráfico.
Publicidade
Os servizos de emerxencias acudiron ata o lugar do incidente, onde unha persoa recibiu atención sanitaria. Ademais, foi preciso cortar o carril dereito en sentido Coruña logo de que se producise o accidente.








Comentarios