top of page

Unha persoa resulta ferida tras a explosión dunha bombona de butano en Marín

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa resulta ferida tras a explosión dunha bombona de butano en Marín. O suceso tivo lugar na parroquia de Seixo, en Marín.


 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Sobre as 17:35 horas, un particular alertou ao 112 Galicia solicitando asistencia sanitaria tras explotar unha bombona de butano no exterior da vivenda.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo e aos axentes da Policía Local de Marín.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Segundo informaron os equipos de emerxencia desprazados ao lugar, a persoa ferida estaba a manipular a bombona cando esta explotou. Presuntamente, o home estaba intentando cortala cunha radial motivo polo que se producíu a explosión. O afectado foi atendido polo persoal sanitario e trasladado ao Hospital de Montecelo para recibir asistencia médica.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page