top of page

Unha persoa perdeu a vida logo dun accidente entre dous coches e un camión

Ecos da Comarca/Xeral

A vítima tivo que ser excarcerada, así como outro ferido implicado.


O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por mor deste suceso un cuarto de hora antes das 17:00. O alertador explicou que se producira un accidente de tráfico entre un camión de caixa e dous turismos, sobre o quilómetro 4 da AC-523. Ademais, indicou que podía haber xente atrapada nalgún dos vehículos.

Fonte: José Ramón Rioboo Castro, alcalde de Culleredo
Fonte: José Ramón Rioboo Castro, alcalde de Culleredo

Con esta información, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia deuse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A dotación de Bombeiros tivo que intervir para liberar a unha persoa nun dos turismos, a cal estaba falecida. No outro coche tamén foi preciso empregar o material de excarceración para liberar a unha muller ferida, que logo sería atendida polo persoal sanitario.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page