top of page

Unha persoa perdeu a vida ao chocar o vehículo que conducía contra un cabalo

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa perdeu a vida esta madrugada ao chocar o vehículo que conducía contra un cabalo que se atopaba na vía, ao seu paso pola parroquia de Baroña, no municipio de Porto do Son.

O coche siniestrado. Autor: Facebook A D C Bombeiros Boiro
O coche siniestrado. Autor: Facebook A D C Bombeiros Boiro

O accidente tivo lugar na estrada AC-550, á altura do quilómetro aproximado 92. Foi ao redor das 00:00 horas cando o 112 Galicia tivo constancia do suceso a través da alerta emitida polo sistema de emerxencia automático integrado no vehículo (eCall), sen que fose posible establecer contacto coa persoa ocupante.


Instantes despois, varios particulares chamaban ao 112 Galicia para informar dun vehículo accidentado que chocara cun cabalo, que se atopaba sen vida na estrada, e sinalaban que o condutor podería estar atrapado e falecido.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo no que participaron os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ribeira e de Boiro, o GES de Noia, así como axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.


Unha vez no punto, os equipos de intervención confirmaron o falecemento da persoa e indicaron que foi necesario empregar o material de excarceración para recuperar o corpo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page