Unha persoa foi trasladada logo de sufrir un incendio na súa vivenda
- ecosdacomarca

- 14 nov 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Sufrira unha inhalación de fume.
O 112 Galicia foi coñecedor do suceso un cuarto de hora antes das 21:00. Segundo indicou un particular, estáballe a arder a cociña do seu piso, na avenida de Miguel González Garcés.
Con isto, os xestores do 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Arteixo e á Policía Local.

Trala súa chegada, os bombeiros indicaron que o lume xa fora sufocado, de maneira que arderan unha tixola e a campá extractora.
Publicidade
Porén, tamén foi preciso solicitar a intervención das urxencias sanitarias, pois unha persoa inhalara fume. Foi atendida e posteriormente trasladada ata o Hospital Universitario da Coruña.







Comentarios