top of page

Unha persoa foi trasladada en helicóptero tras caerlle un tronco enriba en Santa Comba

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa foi trasladada en helicóptero tras caerlle un tronco enriba. O suceso ocorreu no lugar de Abuín, na parroquia de Ser, no concello de Santa Comba.

Foi un familiar do ferido o que contactou co 112 Galicia ás 17:15 horas informando do ocorrido. Segundo indicaba, á persoa caéralle un tronco enriba e, aínda que non estaba atrapada, precisaba asistencia sanitaria urxente.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Tras recibir o aviso, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!

Finalmente, o persoal sanitario mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela ata o punto do accidente para trasladar á persoa ferida ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page