Unha persoa foi trasladada en helicóptero logo de caer polas escaleiras en Avión
- ecosdacomarca

- hace 18 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Unha persoa foi trasladada en helicóptero logo de caer polas escaleiras en Avión
Ocorreu na parroquia de Nieva, no lugar de Oroso.

O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por mor deste incidente arredor das 12:20 horas. Segundo indicou un particular, unha persoa precisaba asistencia sanitaria logo de caer polas escaleiras e sufrir danos cunha botella.
Publicidade
Rapidamente, o 112 Galicia informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Avión, á Garda Civil e á Policía Local.
PUBLICIDADE
O ferido tivo que ser atendido polo persoal sanitario. Posteriormente sería trasladado ata o hospital a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.








Comentarios