top of page

Unha persoa foi excarcerada tras sufrir un atropelo

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa foi excarcerada tras sufrir un atropelo en Bergondo, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por este accidente un cuarto de hora despois das 14:00. Segundo indicaba o alertador, un coche atropelara a unha persoa que ía en patinete, de forma que o ferido quedou atrapado debaixo do vehículo. Ocorreu na parroquia de Lubre, nun cruce de camiños.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Bergondo.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Os bombeiros empregaron o material de excarceración para liberar á vítima, que sería trasladada polo persoal sanitario ata o hospital de referencia.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page