top of page

Unha persoa foi excarcerada logo de caer por un terraplén co seu vehículo en Vedra

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa foi excarcerada logo de caer por un terraplén co seu vehículo en Vedra. Foi o único implicado, tal e como informa o 112 Galicia.

O accidente ocorreu dez minutos despois das 11:30 horas, no quilómetro 7 da DP-8203. Segundo o particular que contactou co 112 Galicia, un coche caera por un pequeno barranco, de maneira que o vehículo quedou envorcado, co condutor ferido e sen ser capaz de saír del.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Sen agardar, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia compartiuse a información co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cos Bombeiros de Ordes, co GES de Brión e coa Garda Civil de Tráfico.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os membros do GES tiveron que empregar o material de excarceración para liberar á vítima, que logo sería atendida na ambulancia polo persoal sanitario. 


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page