top of page

Unha persoa foi atropelada este domingo no casco urbano de Monterroso

A vítima foi unha muller de mediana idade que quedou ferida


Ecos da Comarca/Monterroso

Este domingo rexistrouse un atropelo no casco urbano de Monterroso. O 112 Galicia foi alertado ás 16:18 horas. A vítima foi unha muller de mediana idade que quedou ferida.


O suceso ocorreu na N-640, concretamente á altura da Academia Binomio. "Indicounos que esta persoa non estaba atrapada, pero si ferida", sinala o 112.


Mobilizouse a Urxencias Sanitarias de Galicia, á Garda Civil de Tráfico e tamén se informou ao GES de Monterroso, aos bombeiros de Chantada e a Protección Civil.

Foto de Arquivo.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page