top of page

Unha persoa ferida tras envorcar un coche no centro de Palas de Rei

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Este domingo rexistráronse ao menos dous accidentes no municipio de Palas de Rei. Despois do da mañá (https://www.ecosdacomarca.com/post/colisi%C3%B3n-entre-dous-veh%C3%ADculos-en-palas-de-rei ) produciuse outro sobre as cinco da tarde. O vehículo, tal e como se pode ver na imaxe, quedou envorcado.

O coche envorcado hoxe en Palas de Rei. Autor: GES de Monterroso.

Tal e como informa o GES de Monterroso o accidente ocorreu na rúa Agro do grolo á altura do número 49 no casco urbano de Palas de Rei e saldouse cunha persoa ferida.

Ata o lugar ademais do GES de Monterroso tamén se desprazaron o GES de Friol-Palas e Protección Civil da localidade, Urxencias Sanitarias e os Bombeiros.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page