Unha persoa ferida tras envorcar un coche en Palas de Rei
- ecosdacomarca

- hace 4 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O municipio de Palas de Rei rexistrou hoxe, martes, un accidente de tráfico. O 112 Galicia foi alertado ás 11:34 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha saída de vía dun vehículo que quedou envorcado e caeu por un pequeno desnivel. Ocorreu no lugar de Lalín, na parroquia do Carballal.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Nin primeiro momento pesábase que había atrapados polo que foi mobilizado o GES de Monterroso, que finalmente, deu a volta no desprazamento, tras indicarlle que o condutor finalmente saíu polo seu propio pé.
Publicidade
O 112 sinala que foi atendido no lugar por Urxencias Sanitarias, e que descoñece, se tivo que ser trasladado a algún centro sanitario, porque en principio, estaba ferido leve.







Comentarios