top of page

Unha persoa ferida tras chocar co seu coche contra o peche dunha finca no municipio de O Pino

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

IsmaelRS/O Pino

Foto Arquivo

Esta mañá sobre as 6:30 horas produciuse unha saída da estrada na N-547 á altura da parroquia de Cerceda. No sinistro só se viu implicado un turismo, que chocou contra o valado perimetral dunha finca.


A voz de alarma foi dada por un particular, que nese momento comentou a 112 Emerxencias que non había feridos nin atrapados, de todas formas o 112 mobilizou aos equipos sanitarios e tras presentarse no lugar do accidente, puideron comprobar que había unha persoa que se queixaba de dor nun pé e tamén dor cervical.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

O 112 Emerxencias, ademais de mobilizar ao Equipo de Urxencias Sanitarias, tamén mobilizou á Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Arzúa e ao Servizo de Mantemento de Estradas.


Tamén puxo estes feitos en coñecemento do Concello do Pino para que avaliaran os danos, segundo comenta o 112 a este medio.



댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page