Unha persoa ferida nunha colisión entre dous coches na localidade de Melide
- ecosdacomarca

- 17 mar
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Este martes rexistrouse un accidente de tráfico na localidade de Melide. O 112 Galicia foi alertado ás 15:39 horas.

Publicidade
Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha colisión por alcance na cal se viron implicados dous coches.

Ocorreu na estrada AC-840 á altura do quilómetro 51 na Ronda de Pontevedra. Unha persoa resultou ferida.
PUBLICIDADE
Ademais de Urxencias Sanitarias tamén se avisou a Protección Civil de Melide, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Arzúa.








Comentarios