Accidente en San Xiao do Camiño, en Palas de Rei
- ecosdacomarca
- 19 abr
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Este sábado rexistrouse un accidente no municipio de Palas de Rei. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida leve. O 112 Galicia foi alertado ás 16:33 horas.
Publicidade

"Tratouse dunha saída de vía na N-547 á altura do quilómetro 36,5 en San Xiao do Camiño. Indicábanos que o coche estaba no medio do carril e que o condutor estaba ferido leve, pero xa fóra do vehículo", informa o 112 Galicia.
Publicidade
O 112 mobilizou á Garda Civil de Tráfico, a Urxencias Sanitarias, ao GES de Monterroso e a Protección Civil de Palas de Rei.
Comentarios