Unha persoa ferida nun accidente na parroquia palense de Vilareda
- ecosdacomarca

- 23 may
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Este sábado rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Palas de Rei. No mesmo víronse implicados dous coches e saldouse cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado pouco despois das seis da tarde.

PUBLICIDADE
Tal e como informa o 112 tratouse dunha colisión entre dous coches na estrada LU 221 á altura da parroquia de Vilareda.
PUBLICIDADE
Unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada en ambulancia. Ademais do 061 tamén se desprazou ao lugar o GES de Monterroso.








Comentarios