Unha persoa ferida nun accidente entre un tractor e un coche en Monterroso
Ecos da Comarca/Monterroso
Este luns pola tarde produciuse un accidente de tráfico no municipio de Monterroso. No mesmo víronse implicados dous vehículos e saldouse cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi avisado por un particular ás 18:41 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia e o GES de Monterroso tratouse dunha colisión entre un coche e un tractor na estrada LU 221 á altura da parroquia de Bidouredo.
PUBLICIDADE

A persoa que ía no coche de acompañante tivo que ser trasladada ao centro hospitalario. Ademais do GES de Monterroso e de Urxencias Sanitarias tamén se deu aviso á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil e tamén se informou aos Bombeiros de Chantada.








Comentarios