Unha persoa ferida nun accidente en Monterroso
- ecosdacomarca
- 27 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso

Uns minutos antes das 13:00 horas deste venres tivo lugar un accidente no municipio de Monterroso. O 112 Galicia foi alertado por un particular.
Publicidade
"Tratouse dunha saída de vía na estrada N 537 á altura de Montecalvo, na parroquia de Marzán", informa o 112 Galicia que ademais indica que resultou ferida unha persoa.
Publicidade
Con estes datos alertou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso e á Garda Civil de Tráfico.
Publicidade
Comments