top of page

Unha persoa ferida nun accidente de tráfico múltiple no Pino

Ecos da Comarca/O Pino

Esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico múltiple no concello do Pino. No mesmo, tal e como informa o 112 Galicia, víronse implicados tres vehículos e saldouse cunha persoa ferida.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"A nós chamounos un particular ás 11:05 horas. Indicábanos que había tres vehículos implicados e que podía haber feridos, ademais que a estrada estaba chea de restos materiais", indica o 112.


Con estes datos, o 112 alertou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa (que non tiveron que ir finalmente ao non haber persoas atrapadas) e á Garda Civil de Tráfico.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
O accidente desta mañá no Pino. Autor: Cedida.
O accidente desta mañá no Pino. Autor: Cedida.

"Tratouse dunha colisión entre unha furgoneta e dous turismos e unha persoa tivo que ser trasladada", apunta o 112. O suceso ocorreu na N-634 á altura do lugar da Tarroeira, na parroquia do Pino.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page