top of page

Unha persoa faleceu e cinco resultaron afectadas nun incendio que queimou os adornos de Nadal dunha vivenda en Palas de Rei

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Unha persoa faleceu e outras cinco tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios esta mañá tras declararse un incendio nunha vivenda situada na Graña, na parroquia de San Xiao do Camiño, en Palas de Rei.

A casa afectada polo lume. Autor: E.C.
A casa afectada polo lume. Autor: E.C.

Ao fío das 6:15 horas, un dos afectados contactou co 112 Galicia para informar de que a súa casa estaba ardendo e de que no interior permanecían varios membros da súa familia.


Con esta información, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activou un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso e a Garda Civil.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Á súa chegada, os axentes da Garda Civil advertiron de que unha das persoas non lograra saír da vivenda. Mentres tanto, os bombeiros traballaron con rapidez para atallar o lume, que se orixinou na parte baixa do inmoble e queimou o soportal de madeira e diversos adornos de Nadal.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Finalmente, o persoal sanitario confirmou o falecemento dunha persoa, localizada nunha das habitacións, mentres que outras seis foron trasladadas. Trátase dunha muller duns 50 anos que viñera a pasar as vacacións de Nadal á casa da súa filla.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page