Unha persoa falece en Santiago logo de ser alcanzada por un turismo que se deu á fuga
- ecosdacomarca

- 3 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral

Sucedeu na rúa da Poza Real de Arriba, en Conxo, en Santiago de Compostela.
Ao fío das 06:00 horas desta mañá, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba ao 112 Galicia dun atropelo a unha persoa. Engadían, ademais, que o vehículo implicado continuara a marcha.
Publicidade
Así, con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Local, da Nacional e dos Bombeiros.
Publicidade
Nada mais chegar ao punto, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da persoa.








Comentarios