top of page

Unha persoa de 27 anos faleceu e dúas resultaron feridas tras unha saída de vía en Sandiás

Ecos da Comarca/Xeral

Este venres produciuse na comunidade galega un accidente de tráfico mortal. Contra as 4:30 horas, un dos implicados explicou ao 112 Galicia de que tiveran unha saída de vía no quilómetro 4 da OU-531, en Couso de Limia.

O accidentado de hoxe que se saldou ca morte dun mozo. Autor: Garda Civil.
O accidentado de hoxe que se saldou ca morte dun mozo. Autor: Garda Civil.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Xinzo e dos servizos de mantemento da estrada. Tamén se informou ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por se fose necesaria a súa intervención.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Unha vez no punto, os medios confirmaron o falecemento dunha das persoas. Outros dous implicados resultaron feridos, un deles grave, e foron atendidos polos profesionais sanitarios.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Os bombeiros rastrexaron as proximidades do vehículo ante uns indicios que apuntaban a que podía haber un cuarto ocupante, mais finalmente non atoparon a ninguén na zona.


A vítima é un mozo de 27 anos de Xinzo de Limia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page