top of page

Unha operaria resulta ferida tras caer duns tres metros nunha explotación gandeira en Vilasantar

Ecos da Comarca/Xeral

Unha muller resultou ferida esta tarde ao caer duns tres metros de altura mentres traballaba nunha explotación gandeira situada en Lugar Turío, na parroquia de San Vicenzo de Curtis, no concello de Vilasantar.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso arredor das 16:25 horas, a través do aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informou da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para atender á traballadora accidentada.


 PUBLICIDADE

ree

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse do ocorrido á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Vilasantar, que se desprazaron ata o lugar. Segundo indicaron, a muller atopábase a realizar tarefas de ensilado cando caeu desde un muro duns 3 metros.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Aínda que o helicóptero chegou a tomar terra na zona, a ferida foi finalmente trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page