top of page

Unha nova xornada de obradoiros leva a loita contra a desinformación ao instituo de Arzúa

É unha iniaciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia que ten lugar grazas a un convenio asinado coa Deputación da Coruña, a través da área de Dereitos Civís 


Laura Moure/Arzúa

Os obradoiros contra a desinformación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia chegaron este mércores a Arzúa, onde Sara Garea impartiu dous talleres deste programa de alfabetización mediática. Este programa desenvolvese en centros de ensino medio da Coruña grazas a un convenio asinado coa Deputación da Coruña, a través da área de Dereitos Civís .

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia levou os seus obradoiros contra a desinformación, desenvolvidos grazas a un convenio coa área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña, ao alumnado do IES de Arzúa, con dous talleres impartidos por Sara Garea López ás 8:50 e 10:50 horas. Garea, licenciada en Comunicación Audiovisual, está especializada en comunicación corporativa e conta cunha ampla experiencia de máis de 15 anos en xestión da comunicación interna e externa. Na actualidade, traballa para Radio Líder Santiago como redactora e locutora.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Obradoiros contra a desinformación 

O aumento da desinformación ou a confusión entre o que é e non é un medio na contorna dixital están a danar profundamente o xornalismo, que se enfronta a unha crise e un descrédito sen precedentes. É por iso que o Colexio de Xornalistas, na súa defensa da profesión, quere combater esta situación trasladando á sociedade galega este programa de formación en alfabetización mediática.  


O obxectivo é fornecer a toda a sociedade galega de coñecementos contra as mentiras e ferramentas para combatelas. No caso das e dos escolares de secundaria, a través de xogos, historias e exemplos próximos a eles, poden coñecer as diferenzas entre a información errónea e a desinformación, preguntarse quen e por que ten interese en enganarnos, coñecer as estratexias de espallamento das loiadas ou converterse eles mesmos en fact checkers.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Todos os obradoiros estarán impartidos por profesionais colexiados e colexiadas, que recibiron formación específica en alfabetización mediática na xornada organizada polo Colexio de Xornalistas o pasado 14 de decembro. En concreto, as e os xornalistas que descubrirán ao alumnado da Coruña as estratexias de quen propaga noticias falsas e os recursos para contrastar información serán Pedro Costa Manteiga, Sara Garea López, Elena Martín Lores, Cinthia Piñeiro Acevedo, Miguel Rodríguez Fernández e Marga Tojo González.

Комментарии


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page