top of page

Unha nai entregaba material de carácter íntimo da súa filla menor a cambio de diñeiro

Ecos da Comarca/Xeral

O equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Cambados detén a un home de 31 anos e unha muller de 40 anos veciños do Salnés por presuntos delitos contra a liberdade sexual dunha menor.

ree

A investigación iniciouse por mor da denuncia presentada por unha muller que denunciaba unhas supostas coaccións cara á súa persoa e cara á súa filla menor, por parte dun home, co que tivera algún encontro casual.


Tras as diferentes pescudas lógrase identificar o autor das coaccións, o cal tras coñecer á denunciante a través dunha aplicación de citas e quedar coa mesma nun par de ocasións, contacta coa filla para pedirlle imaxes e vídeos de índole sexual, propoñéndolle dedicarse a vender ese tipo de vídeos, alegando traballar para unha promotora e asegurando que todo sería legal, xa que contaría coa autorización da súa nai.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ante a negativa da menor, a detido ameaza á mesma dicíndolle que vai ir a por ela e a por a súa proxenitora. No transcurso da investigación, a mesma dá un xiro inesperado cando se comproba que é a propia nai da menor a que poñería en contacto a este home coa súa filla. A detida enviáralle varios vídeos da súa filla en roupa interior e mesmo chega a facerlle entrega dalgunha peza de roupa interior da mesma.


Tras coñecer a implicación da nai nestes feitos procédese á súa detención, imputándolle un delito contra a liberdade sexual e un delito de revelación de segredos. Así mesmo, detense tamén ao home, ao que se lle imputan varios delitos relacionados coa explotación sexual e corrupción de menores, ademais de delito de coaccións, revelación de segredos e contra a liberdade sexual da menor.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

No transcurso destas detencións incáutanse varios dispositivos electrónicos utilizados polos autores para levar a cabo a actividade delituosa, nos que se prevé localizar material de interese para a investigación aínda en curso.


Os detidos xunto coas dilixencias foron postos ao dispor xudicial do Xulgado de 1ª instancia e Instrución nº 3 de Cambados, o cal decretou a liberdade provisoria con cargos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page