top of page

Unha nai e os seus dous fillos tiveron que ser trasladados tras un accidente

Ecos da Comarca/Xeral

Foto do Accidente. ADC Bombeiros Boiro
Foto do Accidente. ADC Bombeiros Boiro

Un accidente de tráfico producido na AG-11, no quilómetro 34 aproximado, ao seu paso polo lugar de Landoi, en Cazás, obrigou ao traslado dunha nai e os seus dous fillos.


O 112 Galicia recibiu varias chamadas de particulares ás 17:25 horas alertando de que dous vehículos se viran implicados no sinistro e que un deles quedara incrustado na barreira de seguridade, co risco de que puidese haber persoas atrapadas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

De inmediato, desde a sala de operacións pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribeira e de Boiro, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ao chegar ao lugar, os Bombeiros confirmaron que non había persoas atrapadas. Un dos vehículos permanecía atravesado na barreira de seguridade e os seus ocupantes abandonaran o lugar, pero foi necesario cortar a carrocería para que o vehículo puidese ser retirado por unha grúa.


No outro vehículo viaxaban a nai e os seus dous fillos, que tiveron que ser trasladados ao Hospital do Barbanza para recibir asistencia sanitaria.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page