O accidente tivo lugar na Avenida de Lugo, no centro desta localidade lucense
Ecos da Comarca/Monterroso
Unha muller foi trasladada, esta tarde, despois de sufrir un atropelo na Avenida de Lugo, en Monterroso.
A poucos minutos das 16:30 horas, os servizos sanitarios comunicáronse co 112 Galicia para informar do accidente e indicar que a ambulancia ía en camiño.
Así, os xestores do CIAE-112 facilitáronlle os datos á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Chantada e ao GES e Protección Civil de Monterroso.
Finalmente, os membros do GES da localidade indicaron que a persoa tivo que ser evacuada ao centro hospitalario de referencia.
Comments